¿Que è o fotolog?
A palabra fotolog (ou fotoblog) orixinalmente referíase a unha variante de blog, que consiste basicamente nun poleiro de imaxes fotográficas publicadas regularmente por un ou máis amantes da fotografía. O texto é tanto ou máis importante cá foto. Xeralmente esta ilustra un aspecto importante do texto e outras veces o texto describe o contido da foto. Moitas veces acéptanse comentarios na forma de libro de visitas, e estes habitualmente refírense á fotografía, ou ao igual que calquera blog, aos feitos relatados
Elementos dun fotolog:
A foto. O elemento principal dun fotolog, e xunto coa data é o único que non pode estar ausente. Se o máis importante é a foto trátase dunha antoloxía de imaxes.
Os comentarios do autor. Se estes son máis importantes cá foto estamos diante dun blog fotográfico ou fotoblog.
Os comentarios dos amigos. Cando son o elemento máis importante (e a foto é polo tanto un pretexto) estamos diante dun fotolog para formar comunidades
As ligazóns aos fotologs dos amigos. Nunca este será o elemento máis importante, pero o visitar os fotologs dos amigos e logo os dos amigos dos amigos fai que os fotologs de comunidades sexan un certo tipo de software social, á maneira de Orkut.
Ligazóns favoritos. O compartir ligazóns tampouco pode ser a característica principal dun fotolog, xa que nese caso se trata de marcadores sociais (compartir favoritos).
A data. Un fotolog é un caderno de bitácora e como tal as fotos deben ter data. Máis aínda, o realmente importante é a data de publicación, máis que a data na que a foto foi sacada. Un conxunto de fotos sen data é un poleiro ou álbum de fotos
0 comentarios