Blogia
Pablodedios

A pandemia

A pandemia

A pandemia cuxa expresión significa enfermidade de todo o pobo) é a afectación dunha enfermidade de persoas ao longo dunha área xeograficamente extensa

PESTES:

* Guerra do Peloponeso, 430 a. C. Un axente descoñecido matou á cuarta parte das tropas atenienses e a unha cuarta parte da poboación ao longo de catro anos. Isto debilitou fatalmente a preeminencia de Atenas, pero a virulencia absoluta da enfermidade evitou unha maior expansión.

* Peste antonina, 165?180. Posiblemente vexigas traídas do Oriente próximo; matou a unha cuarta parte dos infectados e até cinco millóns en total. No momento máis activo dun segundo brote (251?266) díxose que morrían 5.000 persoas por día en Roma.
* Peste de Justiniano, comezou en 541. O primeiro brote rexistrado da peste bubónica. Empezou en Exipto e alcanzou Constantinopla na seguinte primavera, matando (de acordo ao cronista bizantino Procopio) 10.000 persoas por día no seu momento máis activo e quizá un 40% dos habitantes da cidade. Continuou até destruír até a cuarta parte dos habitantes do Mediterráneo oriental.
* A peste negra, comezou no século XIV. Oitocentos anos tras o último brote, a peste bubónica volvía a Europa. Comezando en Asia, a enfermidade alcanzou o Mediterráneo e Europa occidental en 1348 (posiblemente por mercadores italianos que fuxían da guerra en Crimea), e matou a vinte millóns de europeos en seis anos, unha cuarta parte da poboación total e até a metade nas zonas urbanas máis afectadas.
* Cólera
ou Primeira pandemia (1816?1826). Previamente restrinxida ao subcontinente indio, a pandemia comezou en Bengala e expandiuse a través da India cara a 1820. Estendeuse até a China e o Mar Caspio antes de diminuír.
ou A segunda pandemia (1829?1851) alcanzou Europa, Londres en 1832, Nova York no mesmo ano, e a costa do Pacífico en Norte América por 1834.
ou A terceira pandemia (1852?1860) principalmente afectou a Rusia, con máis dun millón de mortos.
ou A cuarta pandemia (1863?1875) estendeuse no seu maior parte por Europa e África.
ou A sexta pandemia (1899?1923) tivo poucos efectos en Europa grazas aos progresos en saúde pública, pero Rusia foi gravemente afectada de novo.
ou A sétima pandemia, chamada «O Tor» pola cepa, comezou en Indonesia en 1961 e alcanzou Bangladesh en 1963, India en 1964, e a URSS en 1966.
* A «gripe española» (1918?1919). Comezou en agosto de 1918 en tres lugares afastados uns doutros: Brest, Boston e Freetown. Unha grave e mortífera cepa de gripe expandiuse polo mundo. A enfermidade matou a 25 millóns de persoas no curso de seis meses; algúns estiman pór o total dos mortos por todo o mundo en máis do dobre dese número. Uns 17 millóns estímase que morreron na India, 500.000 na EE.UU. e 200.000 en Inglaterra. Desvaneceuse en 18 meses e a cepa concreta nunca foi determinada.
* O brote de gripe porcina de 2009 (2009?actualidade). Comezou en marzo de 2009 en México e expandiuse por Europa e América.
* VIH

é a enfermidade que consiste na incapacidade do sistema inmunitario para facer fronte ás infeccións e outros procesos patolóxicos, é considerada pandemia debido á súa rapida propagacion, as súas victimas van do 20 e 25 millóns, sobre todo en Africa

1 comentario

selpalgonee -

O relogio que sempre sonhou pode ser seu a partir de R$299,00

Relogios famosos, replicas de relogios de marcas famosas como
rolex, breitling, tag heuer, ferrari e muito mais em nosso site, replica
de relogio com a melhor qualidade, garantia e parceladas em até 15x nos
cartões. aproveite compre as melhores so na Relogios

Estado- SP
msn - relogiosfamosos[@]hotmail.com
telefone 11-3711-2574

Visite nossa pagina web: http://www.watchfamosos.com.br